Translate Toolkit & Pootle

Tools to help you make your software local

User Tools


A guía do Pootle: modo de uso

Sobre o Pootle

O nome significa, polas súas siglas en inglés, PO-based Online Translation / Localization Engine (Motor en Liña de Tradución e Localización baseado en PO), pero pode necesitar ler this. Pootle é un portal web que lle permite traducir máis fácilmente.\Pootle é Software Libre baixo Licenza GPL, e pode descargar e executar a súa propia copia se o desexa. Pode tamén axudar participando no desenvolvemento de moitas formas (non ten que saber programar). O proxecto Pootle por si mesmo está dispoñible en http://translate.sourceforge.net onde pode atopar detalles acerca do código fonte, listas de correo, etc.

Rexistro

Aínda que calquera pode ver os arquivos, só os usuarios rexistrados poden editalos e recibir crédito polo seu esforzo. O primeiro que ten que facer, coa fin de traducir, é rexistrarse.

Pódese rexistrar en dous pasos sinxelos, se é que ten un enderezo de correo electrónico:

  1. Escolla un Nome de usuario, un contrasinal e un enderezo de correo electrónico válido e se lle enviará un código de activación a esa caixa de correo.
  2. Cando reciba o seu código de activación e detalles para iniciar sesión por correo vaia á páxina de Activación e énchaa. Prema “Activar Conta” e a súa conta estará activada.

Inciar Sesión e preparar a Páxina de Usuario

Agora que é un usuario rexistrado, inicie sesión en Pootle.

Unha vez que inicie sesión, presentaráselle a súa Páxina de Usuario, que inclúe ligazóns aos seus idiomas e proxectos escollidos. Escolla “Cambiar Opcións” para editar a súa Páxina de Usuario, e prema “Páxina de Inicio” na barra para voltar á súa Páxina de Usuario.

Navegando pola árbore de arquivos

Agora que a súa Páxina de Usuario está preparada, pode acceder aos arquivos desexados para traducilos directamente utilizando as ligazóns que hai nela. Outro xeito de atopar o arquivo que desexa traducir é por medio da páxina principal. A páxina principal amosa dúas categorías - Idiomas e Proxectos. Ao escoller un idioma proporcionaráse a lista de proxectos dispoñibles para traducir no devandito idioma; ao escoller un proxecto proporcionaráse a lista de idiomas nas que pode ser traducido.\Unha vez que escolla ambolosdous (proxecto e idioma), presentaránselle os arquivos dispoñibles para a tradución.

Traducindo en Liña con Pootle

Pode acceder a cada arquivo dispoñible para a tradución de dúas formas - “Tradución Rápida” mostrará só as entradas imprecisas e as non traducidas, mentres que “Traducir Todo” mostrará tódalas entradas no arquivo, traducidas ou non. Nos dous casos mostrarase nunha táboa con dúas columnas, coas cadeas a traducir no lado esquerdo e a tradución actual no lado dereito.

A entrada en tradución aparecerá nun cadro de texto coas opcións “Saltar” e “Suxerir” ou “Mandar” baixo del. Naturalmente, pode introducir texto no cadro de texto e mandar ou saltar á seguinte entrada.

Pode tamén acceder directamente a calquera das outras entradas, poñendo o punteiro do rato enriba da parte dereita do texto e premendo na opción “Editar” que aparece no esxtremo da dereita.

Outras axudas de Pootle

Ademáis de todo o dito anteriormente, pode descargar un arquivo PO, XLIFF ou CSV cos textos a traducir. Deste xeito pode traducir a aplicación fóra de liña no seu editor favorito e despois subir o srquivo. Para os proxectos con moitos arquivos, pode descargar un arquivo ZIP con tódolos arquivos PO, e despois pode subir o arquivo ZIP cos textos traducidos.